Foi por marzo de 1963 cando tres académicos numerarios decidiron presentar na
Real Academia Galega un escrito en que se pedía a celebración do Día das Letras.
Eles foron Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, e o motivo de tal solicitude: festexar a publicación, cen anos antes, de
Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, unha obra que "dignificou a nosa lingua e o seu uso literario". Así, a petición destes tres académicos oriéntabase a consagrar o 17 de maio e "con carácter de perdurabilidade o simbolismo desta data nunha celebración anual".
O 28 de abril do mesmo ano, nunha Xunta ordinaria, todos os membros da
RAG acordaban celebrar cada 17 de maio o Día das Letras, co obxectivo de promocionar a obra dalgún dos nosos autores e autoras. Sendo o centenario de
Cantares Gallegos, foi Rosalía de Castro a primeira homenaxeada, e seguíronlle Eduardo Pondal, Curros Enríquez e outros moitos escritore e escritoras.